Celebra os 15 anos de OSM cunha festa de aniversario!

O 15 aniversario de OpenStreetMap vaise celebrar o 10 de agosto de 2019!
Imaxe do Grupo de traballo de comunicación de OSM, CC-BY-SA 3.0. OSM logo de Ken Vermette, CC-BY-SA 3.0 e aplican os dereitos de marca.

O aniversario de OpenStreetMap pérdese no comezo dos tempos. A celebración do aniversario da creación de OpenStreetMap acontece arredor do 9 de agosto, día no que foi rexistrado o nome de dominio OpenStreetMap.org. A idea de OpenStreetMap é anterior ó rexistro deste nome de dominio mais esta data é a máis acaída para o aniversario.

Este ano o aniversario ímolo celebrar o 10 de agosto!

E se fas unha festa polo aniversario de OSM?

Como organizar a túa celebración de aniversario comunitaria:

  • Contacta con outras persoas usuarias de OSM da túa zona e falade entre vós. Decidide o que queredes.
  • Pode ser tan grande ou tan pequena como ti queiras. Hai quen queda para beber ou comer algo e outros organizan un evento máis grande. Depende das posibilidades que se teñan.
  • Convida a nova xente! É unha forma ideal de dar a coñecer OSM. Promociona o teu evento.
  • Podes facer ou encargar unha torta. Mira estes exemplos de pasteis de OSM de anos pasados nos que te podes inspirar. Non esquezas a atribución.
  • Se fas fotos, podes compartilas no wiki de OSM.
  • Edita esta páxina no wiki cos detalles do teu evento.
  • Lémbrate do principio básico de OSM: goza!

Se a edición da wiki non é o teu, podes enviar un correo electrónico a comunication@osmfundation.org cos detalles do evento e nós engadiremos os datos do teu evento.

Xa hai eventos organizados en Xapón, Bielorrusia, Alemaña e nos EUA. Participa!


Queres traducir artigos en inglés de OSM ao teu idioma? Envíanos un correo electrónico ó enderezo comunication@osmfundation.org co asunto: Helping with translations in [o teu idioma]

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Alemá Italiano Portugués (do Brasil) Español Persa Chinés (Tradicional)