Esta semana foi engadido o conxunto de datos cenmillonésimo a OpenStreetMap. Este logro representa a contribución colectiva de preto de mil millóns de características globais nos últimos 16 anos pola diversa comunidade mapeadora conformada por máis dun millón e medio de persoas.
O resultado é o conxunto de datos de mapas abertos máis grande do mundo, que proporciona unha infraestrutura crítica para a comprensión do planeta e o avance da sociedade.
O conxunto de datos 100.000.000 foi aportado por Lamine Ndiaye. Engadiron edificios en Nianiane, Sénégal. Podes ver proximamente unha entrevista con este mapeador na próxima edición de WeeklyOSM.
100 millóns de veces unha persoa decidiu compartir o seu coñecemento do mundo cos demais. 100 millóns de grazas. O mapeado medra e acelera e o conxunto de datos 90 millóns foi hai só 6 meses.
Uniraste a nós para lograr as próximas 100 millóns de contribucións? Comeza agora!
This post is also available in: Inglés Italiano Xaponés Español Polaco
Pingback: 100 million edits to OpenStreetMap | OpenStreetMap Blog