Nota de prensa conxunta de OSMF e Cesium: OpenStreetMap, un mapa de edificios!

Nota: Cesium é un membro corporativo de prata da Fundación OpenStreetMap, o que lle dá dereito á publicación desta nota de prensa conxunta. Se a túa organización quere apoiar máis, por favor, considera unirte á OSMF como membro corporativo ou le sobre outras formas de colaborar.

Inda que o noso proxecto ten “street” (rúa, en inglés) no nome, hai catro veces máis edificios que estradas en OpenStreetMap!

O recentemente publicado Cesium OSM Buildings do noso membro corporativo máis novo, Cesium, é unha capa global de edificacións en tres dimensións con máis de 350 millóns de construccións 3D feitas enteiramente a partir de OpenStreetMap. Cesium OSM Buildings sérvese empregando 3D Tiles, un formato estándar e aberto de transmisión de datos 3D, desenvolvido na súa orixe por Cesium.

Imaxe © Cesium.

“OpenStreetMap conta con fantásticos datos 3D de edificios en cidades de todo o mundo. É un testamento da destreza e do duro traballo reralizado polos mapeadores e as mapeadoras desta comunidade”, dixo Mikel Maron, do Consello da Fundación OpenStreetMap. “Agradecemos o apoio de Cesium e a promoción do proxecto como membro corporativo, e ó engadir os datos de OpenStreetMap á súa plataforma fan avanzar a nosa misión de que os datos de OSM sexan utilizados o máis posible.”

OpenStreetMap é sinónimo de metadatos abundantes en moitas cidades, como nomes de edificios, enderezos e horarios de apertura. Imaxe © Cesium.

Cesium,que comezou como un proxecto nunha empresa de software aeroespacial, leva mantendo o seu globo virtual de código aberto, CesiumJS, desde 2011. CesiumJS superou hai pouco o millón de descargas e a súa comunidade de desenvolvedores e desenvolvedoras constuíu centos de aplicacións para docenas de industrias.

A oferta de Cesium engádese á vibrande comunidade de proxectos que xa fan uso dos datos de OSM de construccións. O proxecto OSM Buildings é un visor web de edificios en 3D libre e de código aberto baseado en OSM. Tamén existe software aberto de renderizado 3D baseado en OSM para Blender e en moitos outros proxectos. OpenBuildingMap é unha xanela a OpenStreetMap centrada nos edificios e que prové dun subconxunto de datos de OSM filtrado con unicamente información sobre edificios.

Existen varias ferramentas para agregar datos sobre edificios a OSM, desde os famosos complementos building_tools e Kendzi3D para JOSM, a StreetComplete, que axuda á nosa gran comunidade de colaboradores y colaboradoras a encher os detalles dos edificios. Tamén podes ler como cartografamos (“etiquetamos”) os edificios en OSM. A nosa conferencia anual (Estado do Mapa 2020) tivo unha conferencia co nome “Os edificios son as novas rúas”.

OpenStreetMap – máis que edificios
OpenStreetMap
é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios e voluntarias, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

This post is also available in: Inglés Francés Xaponés Español Polaco