OSM fai 19 anos e estamos lanzando unha campaña de recadación de fondos para apoiar o seu futuro
Hai 19 anos, o fundador de OSM, Steve Coast, publicou este convite para a festa do primeiro aniversario de OpenStreetmap.
En 2005, as cousas estaban movéndose moi rapidamente para OpenStreetMap. O movemento máis amplo de datos abertos estaba alcanzando todo o seu impulso con reunións como o Cumio Mundial sobre Infraestruturas de Información Libre (WSFII), campañas de compromiso para a creación de xeodatos abertos ou difusión en grandes medios como este artigo en The Guardian. Xusto despois da súa primeira festa de aniversario en agosto, a interface de OSM lanzouse en OSM.org. Pouco despois, tamén se lanzou un novo Applet “xenial” para “substituír o horrible vello“.
En 2006, as integrantes de OSM estaban xa mapeando todo o mundo:
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-Copenhagen-8-10-2006.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-Hedge_End_Coloured.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-IsleOfWight20060927.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-London-20061121-bounded.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-Oakham_labelled.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/UK-Motorways-Railways_300pxSouth.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-Reading_uni_whiteknights_campus.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/400px-I-55_and_I-90-2.png)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/CentralChester-2-915x1024.png)
A tradición do aniversario da OSM
Cando OpenStreetMap cumpriu dez anos en 2014, o número de celebracións aumentara moito desde aquel primeiro aniversario no Strongroom Bar de Londres. De feito, necesitou un mapa mundial para visualizalas todas.
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/10CakeLit-2-982x1024.jpeg)
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/Happy-Tenth-Birthday-Map-1024x796.png)
Na sección “Aniversarios” da wiki de OSM, hai un tesouro de fotos e subtítulos das moitas, moitas festas de aniversario dos mapas de OSM.
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/20200808-osm16-kabul-01-1-1024x768.jpeg)
![Esta imaxe ten un atributo alt baleiro; o seu nome de ficheiro é OSM-bday-1024x576.jpeg](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/OSM-bday-1024x576.jpeg)
Se esta semana celebras o 19º aniversario de OSM, asegúrate de compartir algunhas fotos. 🎂
Entón, que aspecto ten OSM ós 19 anos?
OpenStreetMap é o maior proxecto xeoespacial de código aberto e producido por de forma colectiva de todos os tempos. Hai 18 seccións OSM establecidas formalmente en cinco continentes e ducias máis de comunidades locais, que colaboran en centos de canles de comunicación en máis de 50 idiomas en case todos os países do mundo. O mapa e os seus datos son agora unha fonte xeoespacial mundialmente recoñecida. A API é utilizada por millóns de persoas e a comunidade está motivada, é polivalente e diversa cultural e xeográficamente. OSM mesmo acolleu ó seu primeiro enxeñeiro de estabilidade remunerado hai un ano en recoñecemento ó tamaño e alcance do proxecto.
Para ter unha idea aínda mellor do que OSM significa para a súa comunidade en 2023, pedimos ós e ás membros da comunidade que nos digan por que lles encanta OSM. Aquí tes só algunhas das moitas respostas:
Entón, podes ver por que este é un momento importante para OpenStreetMap. Dentro dun ano, o proxecto cumprirá vinte anos: os seus datos están a axudar a resolver algúns dos retos máis urxentes do mundo, hai unha nova tecnoloxía que facilita a cartografía e o entusiasmo pola cartografía é máis forte ca nunca.
Para afrontar estes desafíos e oportunidades, o consello da Fundación OSM está a traballar nun plan estratéxico que pode axudar a apoiar a nosa comunidade de voluntarios en constante crecemento, financiando estratexicamente habilidades como xestión de proxectos, enxeñería, desenvolvemento front-end e ofrecendo recompensas e patrocinio para contribuír a fomentar un mapa diverso e inclusivo para todas as persoas.
É por iso que agora é o momento de compartir o teu tempo e diñeiro para axudar a protexer o futuro de OpenStreetMap.
É o aniversario de OSM! Por favor, doa para apoiar o seu futuro
A partir de hoxe, a OSMF organizará unha campaña de recadación de fondos en liña para apoiar o futuro de OSM. Aquí tes o que podes facer para axudar:
- Publica e comparte a túa celebración do aniversario de OSM cunha chamada a doar: podes facer unha foto da túa festa e usar o hashtag #HappyBirthdayOSM e/ou #WeAreOSM e enlaza a https://donate.openstreetmap.org .
- Fai un agasallo de calquera tamaño para o futuro de OSM. Ó apoiar a OSM con agasallos de todo o mundo, mostramos a forza e a inclusión da nosa comunidade global.
- Edita o mapa! 🗺
![](https://staging.blog.openstreetmap.org/wp-content/uploads/2023/08/19.png)
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.
A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.
This post is also available in: Inglés Francés Xaponés Español Ucraíno Chinés (Tradicional) Korean Arabic