Un dos produtos importantes da comunidade OpenStreetMap é a capa de mapas de estilo estándar en openstreetmap.org. Esta ten licenza CC BY-SA 2.0 practicamente desde a súa creación. Nese momento, os datos de OpenStreetMap tiñan licenza neses mesmos termos, sen embargo, hai 8 anos cando cambiamos a licenza de datos a ODbL 1.0, pero non cambiamos a licenza das teselas deixándoa tal e como estaba.
Co paso dos anos, este provocou unha situación na que o uso das teselas (as imaxes individuais que forman o mapa mque se amosa) estivo suxeito máis a restricións legais das necesarias e inhibiu o uso de imaxes en moitos proxectos o que non debería de ter sido así. O absurdo desta situación pode ser máis evidente se consideramos que se pode tomar o estilo do mapa con licenza CC0 e os datos de OSM e producir as mesmas imaxes só quedando restrinxido polos termos do ODbL para obras derivadas.
Durante moitos anos estivo claro que a situación era insostible e creaba friccións con terceiros (por exemplo, con PLOS One) sen motivo polo que deberíamos pasar a unha licenza só de atribución. Non obstante, a pregunta principal para a cal o Grupo de traballo de licenzas non tiña resposta foi: “que licenza deberían ter as teselas no futuro?”. Dado que as licenzas son dez centavos por cada ducia, isto non suporía un problema, sen embargo, fóra das licenzas usadas por organismos gobernamentais (é dicir, OGL e derivados), non hai unha licenza popular e recoñecida de “só atribución” xa en uso e queriamos evitar crear a nosa sempre que fose posible.
En 2019 presentamos ó consello da Fundación OpenStreetMap cunha proposta para cambiar á licenza CC BY 4.0 xunto cunha renuncia a eses termos que van máis aló da exixencia da atribución. O noso razoamento foi que sería preferible empregar unha etiqueta coñecida e renunciaríamos a termos que tanto os licenciatarios como os licenciantes polo normal ignoran, polo que aínda que non se entendesen as complicidades legais, as cousas sairían ben.
A proposta nin sequera fora discutida polo consello cando se atopou coa oposición masiva da comunidade. Aínda que o Grupo de traballo de licenzas cre que o razoamento da oposición é incorrecto, remitimos a proposta ao consello a principios deste ano, esta vez simplemente afirmando que as teselas deberían ser licenciadas como unha obra derivada ODbL sen termos adicionais. Isto xa fora discutido como unha alternativa e parece ser unha solución ben aceptada para o problema. O texto legal relevante pódese atopar no 4.3 do ODbL https://opendatacommons.org/licenses/odbl/1-0/index.html e esencialmente só require a atribución de forma adecuada.
O mes pasado o consello aceptou a proposta e puxo a estrada en vigor da nova licenza para o 1 de xullo de 2020. Se ben poderemos cambiar o texto na versión inglesa da páxina “Dereitos de autoría” de openstreetmap.org, as traducións aínda tardarán un pouco e pedimos paciencia a todos ata que todo se adapte.
Simon Poole do Grupo de traballo de licenzas
Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.
This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Italiano Xaponés Portugués (do Brasil) Español Ucraíno Polaco