Feliz 18º aniversario, OpenStreetMap :)

Torta polo 18º aniversario de OpenStreetMap, celebrado por OSM Bangladesh na BSMRSTU (Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman). Foto de Sawan Shariar, CC-BY-SA 4.0

Este domingo, 7 de agosto de 2022,
celebramos os 18 anos de OpenStreetMap!

As celebracións comezaron a semana pasada e aínda continuarán unha semana máis. Así que, como pensas celebralo? 🙂

Estás pensando en organizar un evento en liña ou presencial? Engade o teu evento á wiki de OSM! E se a edición da wiki non é o teu, envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org cos detalles do teu evento e engadirémolo 🙂

Fas unha torta de aniversario? Podes ver exemplos anteriores de tortas para inspirarte. Non esquezas a atribución!

Podes publicar por que te gusta OpenStreetMap 🙂 Lembra usar o hashtag #OpenStreetMap18 nas redes sociais.

Queres publicar fotos das celebracións? Se as túas fotos van acompañadas do texto “CC-BY-SA 4.0” (ou outra licenza aberta), podemos engadilas á wiki de OSM (ou non dubides en engadilas por ti mesmo! ~ rexistrarte aquí ).

Ou podes publicar unha foto túa cunha mensaxe 🙂

Estás organizando unha festa en liña ou un mapatón?

Podes usar o servidor de vídeo BigBlueButton da FundaciónOpenStreetMap. Para obter unha conta gratuíta e a túa propia sala de vídeo, rexístrate .

  • Podes usar a túa sala de vídeo incluso despois do aniversario, para calquera evento relacionado con OSM.
  • As persoas membros da comunidade en localizacións con banda larga reducida poden beneficiarse de usar a configuración para redes con baixos recursos de BigBlueButton.
  • Engade o teu evento á wiki de OSM! Se a edición da wiki non é o teu, envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org cos detalles do teu evento e engadirémolo 🙂

Únete a nós!

A conmemoración do aniversario da creación de OpenStreetMap celébrase o 9 de agosto ou preto do 9 de agosto, que é o aniversario do rexistro do nome de dominio OpenStreetMap.org. O concepto de OpenStreetMap é anterior ao rexistro do nome de dominio, pero parece unha boa data de aniversario 🙂

Para todo o mundo: feliz día! 🙂


Recibe notificacións sobre novas publicacións de blog: Subscríbete á fonte RSS!

Queres traducir esta e outras publicacións de blog noutro idioma? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [language]

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa do mundo gratuíto. Para iso, nós, miles de persoas voluntarias, recompilamos datos sobre estradas, vías férreas, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo. Todos os nosos datos de mapas poden ser descargados de balde e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible elaborar os seus propios mapas que destaquen determinadas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se necesitan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

This post is also available in: Inglés Español