Este domingo, 7 de agosto de 2022,
celebramos os 18 anos de OpenStreetMap!
As celebracións comezaron a semana pasada e aínda continuarán unha semana máis. Así que, como pensas celebralo? 🙂
Estás pensando en organizar un evento en liña ou presencial? Engade o teu evento á wiki de OSM! E se a edición da wiki non é o teu, envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org cos detalles do teu evento e engadirémolo 🙂
Fas unha torta de aniversario? Podes ver exemplos anteriores de tortas para inspirarte. Non esquezas a atribución!
Podes publicar por que te gusta OpenStreetMap 🙂 Lembra usar o hashtag #OpenStreetMap18 nas redes sociais.
Queres publicar fotos das celebracións? Se as túas fotos van acompañadas do texto “CC-BY-SA 4.0” (ou outra licenza aberta), podemos engadilas á wiki de OSM (ou non dubides en engadilas por ti mesmo! ~ rexistrarte aquí ).
Ou podes publicar unha foto túa cunha mensaxe 🙂
Estás organizando unha festa en liña ou un mapatón?
Podes usar o servidor de vídeo BigBlueButton da FundaciónOpenStreetMap. Para obter unha conta gratuíta e a túa propia sala de vídeo, rexístrate .
- Podes usar a túa sala de vídeo incluso despois do aniversario, para calquera evento relacionado con OSM.
- As persoas membros da comunidade en localizacións con banda larga reducida poden beneficiarse de usar a configuración para redes con baixos recursos de BigBlueButton.
- Engade o teu evento á wiki de OSM! Se a edición da wiki non é o teu, envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org cos detalles do teu evento e engadirémolo 🙂
Únete a nós!
A conmemoración do aniversario da creación de OpenStreetMap celébrase o 9 de agosto ou preto do 9 de agosto, que é o aniversario do rexistro do nome de dominio OpenStreetMap.org. O concepto de OpenStreetMap é anterior ao rexistro do nome de dominio, pero parece unha boa data de aniversario 🙂
Para todo o mundo: feliz día! 🙂
Recibe notificacións sobre novas publicacións de blog: Subscríbete á fonte RSS!
Queres traducir esta e outras publicacións de blog noutro idioma? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [language]
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa do mundo gratuíto. Para iso, nós, miles de persoas voluntarias, recompilamos datos sobre estradas, vías férreas, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo. Todos os nosos datos de mapas poden ser descargados de balde e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible elaborar os seus propios mapas que destaquen determinadas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se necesitan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.